Buscar neste blog

10 mar 2014

Día de Rosalía

O  24 de febreiro o alumnado do IES Valle Inclán de Pontevedra celebrou o Día de Rosalía sumándose á proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Tres alumnas: Sara Blanco, Laura Nores e Alexandra Otero participaron no proxecto "Graffitti Rosalía" e adornaron os corredores do centro cos versos da poeta. Ademais, grupos de ESO e Bacharelato estiveron na biblioteca ao longo da mañá recitando os poemas que prepararan nos días anteriores. Tamén puidemos ver unha presentación sobre a vida e a obra de Rosalía elaborada por Charo Valcárcel. Esperamos convertir esta celebración nunha cita inexcusable todos os anos. Rosalía sempre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario